OBRADOIROS DE ROBÓTICA: ESCORNABOTS BRIVOI

ESCORN-ARTE NA MARINA LUCENSE (CAZA DO TESOURO)

robot17.png

Autor: BIBLIOCERVO

E-mail: ceip.cervo@edu.xunta.es

Área: Investigación e Tratamento da Información

Nivel: 2º e 3º ciclo de Primaria



INTRODUCIÓN

Como sabedes este ano imos comezar a experimentar co mundo da robótica grazas aos nosos Escornabots Brivoi, pero antes animámosvos a que profundedes sobre algúns conceptos previos.
Ao longo desta caza do tesouro teredes que dar respostas a cuestións como...Que é un robot ? E a robótica? Ánimo na búsqueda!

PREGUNTAS

Debedes investigar, tratar a información que atopedes e recollela no voso caderno, de forma que respostedes, dun xeito sinxelo, ás seguintes cuestións:


1. Buscade información e explicade coas vosas palabras que son os ROBOTS.
2. Que é a robótica e que leis debe cumplir sempre?
3. Enumera e describe diferentes tipos de robots existentes.
4. Para que nos poden ser útiles os robots na nosa vida diaria?
5. Intentade explicar que é a Linguaxe de Programación dunha maneira sinxela.

RECURSOS

A continuación tedes unha serie de recursos que podes usar para completar esta caza do tesouro.

PARA SABER QUE É A ROBÓTICA E QUE SON OS ROBOTS - http://www.educ.ar/sitios/educar/blogs/ver?id=122836
- https://robotica.wordpress.com/about/
- http://definicion.de/robotica
- http://conozcamoslarobotica.blogspot.com.es/p/concepto.html
TIPOS DE ROBOTS E O SEU USO - http://www.slideshare.net/auraduquel/conceptos-basicos-de-robtica
- http://www.slideshare.net/Alumnos/power-point-robotica
A LINGUAXE DE PROGRAMACIÓN - http://www.areatecnologia.com/informatica/lenguajes-de-programacion.html
SITE ESCORN-ARTE NA MARIÑA LUCENSE - http://bibliocervo.blogspot.com.es/

A GRAN PREGUNTA

6. Imaxinade que tedes que explicarlles todo o aprendido aos nenos e nenas máis pequenas do colexio. Elaborade un breve resumo de todo o recompilado de xeito que sexades capaces de transmitirllo aos vosos compañeiros e compañeiras.

AVALIACIÓN

Avaliaremos esta actividade en función da observación directa do traballo realizado e do produto obtido, é dicir, da cantidade e calidade dos acertos dos estudiantes. Tamén valoraremos a claridade na posta en común que realizaremos diante do resto do alumnado do centro.


CRÉDITOS

Caza do tesouro realizada con fins educativos, para o traballo da área de ITI para o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria.


(Páxina creada con 1,2,3 a túa Caza na Rede - http://www.aula21.net/)